Consellería de Política Social. Memoria, 2018

Xa se pode acceder á Memoria da Consellería de Política Social do 2018. Para a súa consulta facilitamos un resumo da publicación e o enlace do texto completo en PDF de 2018 e de anos anteriores


 

Galicia, Xunta. Consellería de Política Social. Memoria, 2018. Santiago de Compostela : Consellería de Política Social, Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa, Sección de Publicacións e Estatísticas, 2019. 245 p. : il. cor. ; 28 x 21 cm.

https://libraria.xunta.gal/sites/default/files/downloads/publicacion/memoria_cps_2018.pdf

Memoria que con carácter anual edita a Consellería de Política Social, coas actuacións máis destacadas do ano en curso. Un resumo dos principais programas e actuacións impulsadas cun único obxectivo: mellorar o benestar das persoas e garantir unha maior calidade de vida dos galegos e galegas, prestando especial atención a aqueles que se atopan en situacións de vulnerabilidade. A publicación estrutúrase en tantos capítulos como ámbitos de actuación abarca, excepto o primeiro capítulo, no que se analizan temas de carácter máis transversal, como a estrutura orgánica, información demográfica, recursos, publicacións e estatísticas etc.

No ámbito da familia, 2018 supuxo un avance na conciliación, cun aumento de escolas infantís e do número de prazas públicas. Tamén se reforzaron as axudas para para o mantemento das escolas infantís municipais e as de iniciativa social e na posta en marcha de novas escolas infantís en polígonos industriais e novas casas niño no rural.
Continuouse e ampliouse a liña de axudas a través do Bono Concilia e o Bono Coidado e no apoio á natalidade a través da ampliación da Tarxeta Benvida.
Do mesmo xeito, asentáronse as liñas estratéxicas da Lei de impulso demográfico, coa que facer fronte ao maior reto deste século: o crecemento negativo da poboación.
No ámbito da dependencia, aumenta a atención de persoas dependentes cunha ratio de atención por enriba da media nacional. Así mesmo, tratouse de mellorar a rede pública de atención ás persoas maiores, cun aumento do número de prazas en residencias, centros de día e de discapacidade.
No relativo á loita contra a pobreza e a exclusión social, en 2018 continúase coa política de prestacións como a renda de inclusión social de Galicia, as axudas de inclusión social, o apoio aos programas para evitar a exclusión social dos colectivos máis vulnerables e as pensións non contributivas.
As oportunidades e iniciativas para a nosa xuventude tamén estiveron moi presentes entre as actuacións máis relevantes da Consellería en 2018, como os programas Xuventude Crea, Parlamento Xove ou LIDERA; así como as axudas e proxectos de voluntariado.

https://libraria.xunta.gal/sites/default/files/downloads/publicacion/memoria_cps_2018.pdf

Consulta de anos anteriores

2017: https://libraria.xunta.gal/sites/default/files/downloads/publicacion/memoria_cps_2017.pdf

2016: https://libraria.xunta.gal/sites/default/files/downloads/publicacion/memoria_cps_2016.pdf

2015: https://libraria.xunta.gal/sites/default/files/downloads/publicacion/memoria_cps_2015.pdf

Para os anos de 2008 a 2014: