El trabajo social ante la emergencia del Covid-19.

16. Xuño 2020 Alertas

O Consello Xeral do Traballo Social elaborou máis de 27 documentos en apenas un mes, os cales se recompilaron neste libro nunha edición de urxencia


Vicente, E., Arredondo, R. (coords.), El trabajo social ante la emergencia del Covid-19. Serie: Investigaciones e Informes del Consejo General del Trabajo Social n. 6, Madrid, Consejo General del Trabajo Social, 2020, 206 p.

Como todas as profesións do ámbito dos coidados, nas últimas semanas, o traballo social ha redobrado os seus esforzos para asegurarse de que ninguén queda atrás durante a epidemia de COVID-19. En resposta ao novo escenario de risco e vulnerabilidade, o Consello Xeral do Traballo Social elaborou máis de 27 documentos en apenas un mes, os cales se recompilaron neste libro nunha edición de urxencia. O volume recolle criterios e pautas de intervención para distintos ámbitos de desenvolvemento profesional, como o traballo social sanitario, o forense, o penal, o aplicado á saúde mental ou o levado a cabo en residencias de maiores, entre outros. Ademais, dedica un apartado específico a un asunto transversal e de máxima actualidade como é a protección de datos en emerxencias. Aínda que o enfoque práctico é o que mellor define a obra, hai tamén nela unha vindicación do carácter esencial do traballo social nesta etapa de carencias e incertidume, así como un posicionamento da profesión fronte ás principais medidas tomadas polas autoridades durante a crise.

https://www.cgtrabajosocial.es/files/5e9b27b4c8ca3/Trabajo_socialCovid19.pdf