Estatística de familias numerosas, 2017
Ofrecemos a continuación un enlace á estatística de familias numerosas elaborada pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica cos datos actualizados de 2017 en galego e castelán. Tamén se poden consultar os datos recompilados desde 2009
Galicia, Xunta. Consellería de Política Social, Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica. Estatística de familias numerosas, 2017. Santiago de Compostela ; Consellería de Política Social, Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, 2017. 28 p. ISSN: 1139-4420
Operación estatística extraída da información facilitada polas propias persoas interesadas sobre outorgamento ou renovación dos títulos de familia numerosa entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do ano 2017. Informa tamén sobre a normativa aplicable e os requisitos que se deberán cumprir para o recoñecemento da condición de familia numerosa.
Datos de 2009 a 2016:
