Estatística de Familias Numerosas, 2021

Xa se poden consultar os datos da Estatística de Familias Numerosas correspondentes a 2021 segundo o establecido no Programa estatístico anual  do Instituto Galego de Estatística publicado no Decreto 2/2022, do 13 de xaneiro, polo que se se aproba o Programa estatístico anual da Comunidade Autónoma de Galicia para 2022 (DOG nº 13, do 20.01.2022)


Galicia, Xunta. Consellería de Política Social e Xuventude, Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica. Estatística de familias numerosas, 2021. Santiago de Compostela ;  Consellería de Política Social e Xuventude, Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, 2021. 28 p. ISSN: 1139-4420

Esta operación estatística denominada 2012-01-OE05 Estatística de familias numerosas está integrada no Programa estatístico anual do Intituto Galego de Estatística publicado no Decreto 2/2022, do 13 de xaneiro, polo que se aproba o Programa estatístico anual da Comunidade Autónoma de Galicia para 2022 (DOG nº 13, do 20.01.2022)

Ten como obxectivo coñecer o número e as principais características — categorías, tipoloxía dos fillos e das fillas, idade dos cónxuxes e fillos e fillas, situación laboral e estado civil do titular– das familias numerosas.

Os datos extráense da información facilitada polas propias persoas interesadas sobre outorgamento ou renovación dos títulos de familia numerosa entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do ano 2021. Informa tamén sobre a normativa aplicable e os requisitos que se deberán cumprir para obter o recoñecemento da condición de familia numerosas.

Familias numerosas, 2021

Para consulta de anos anteriores