Estatística de Familias Numerosas, 2022

Xa se poden consultar os datos da Estatística de Familias Numerosas correspondentes a 2022 segundo o establecido no Programa estatístico anual do Instituto Galego de Estatística publicado no Decreto 224/2022, do 29 de decembro, polo que se aproba o Programa estatístico anual da Comunidade Autónoma de Galicia para 2023 (DOG nº 11, do 17.01.2023).

Galicia, Xunta. Consellería de Política Social e Xuventude, Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica. Estatística de familias numerosas, 2021. Santiago de Compostela ; Consellería de Política Social e Xuventude, Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, 2022. 32 p. ISSN: 1139-4420

Esta operación estatística denominada 2103-01-OE06 Estatística de familias numerosas está integrada no Programa estatístico anual do Intituto Galego de Estatística publicado no Decreto 224/2022, do 29 de decembro, polo que se aproba o Programa estatístico anual da Comunidade Autónoma de Galicia para 2023 (DOG nº 11, do 17.01.2023).

Ten como obxectivo coñecer o número e as principais características — categorías, tipoloxía dos fillos e das fillas, idade dos cónxuxes e fillos e fillas, situación laboral e estado civil do titular– das familias numerosas.

Os datos extráense da información facilitada polas propias persoas interesadas sobre outorgamento ou renovación dos títulos de familia numerosa entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do ano 2023. Informa tamén sobre a normativa aplicable e os requisitos que se deberán cumprir para obter o recoñecemento da condición de familia numerosas.

 

estatistica_familias_numerosas_2022.pdf (xunta.gal)

 

 


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará