Estatística de protección de menores: operación estatística 2506-02-OE05 | 2018
Xa se poden consultar os datos estatísticos de protección de menores de 2018 segundo o establecido no Programa estatístico anual (PEA) do IGE publicado no Decreto 165/2018, do 27 de decembro polo que se aproba o Programa estatístico anual da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019 (DOG nº. 248, do 31.12.2018)
Galicia, Xunta. Consellería de Política Social, Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Subdirección Xeral de Política Familiar, Infancia e Adolescencia. – Estatística de Protección de Menores: operación estatística 2506-02-OE05, 2018. – Santiago de Compostela : Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, 2019. – 33 p. – ISSN1889-8025
Publicación anual con información estatística sobre menores en situación de desprotección e sobre adopcións en 2017. Define as distintas figuras legais que protexen a situación de risco e desamparo: garda, tutela e acollemento, sexa familiar ou residencial. Tamén define e analiza o proceso legal das adopcións, na súa dobre vertente: nacional e internacional. Por último, describe os programas de apoio ás persoas menores e ás súas familias levadas a cabo polos servizos especializados de protección da infancia.