Estudio sobre la percepción de la discriminación por edad en el empleo

04. Febreiro 2020 Alertas

A idade e a diversidade xeracional explóranse neste estudo como unha dimensión para ter en conta nunha sociedade e un mercado laboral que envellecen.


IMOP Insights, Estudio sobre la percepción de la discriminación por edad en el empleo. Madrid, Instituto de la Mujer y para la Igualdad de Oportunidades, 2019, 172 p.

Este estudo supón unha importante aproximación á idade como motivo de discriminación, profundando na análise do discurso e as súas representacións sociais hoxe en día. Con obxecto de coñecer como é percibida a idade dentro do mercado de traballo e comprender as vivencias que teñen os distintos grupos estudados, realizáronse entrevistas e grupos de discusión con persoas traballadoras e cos axentes crave que actúan neste ámbito como son as organizacións empresariais e sindicais. Esta información foi complementada coa aplicación dun cuestionario en liña. A idade e a diversidade xeracional explóranse neste estudo como unha dimensión para ter en conta nunha sociedade e un mercado laboral que envellecen. A través da percepción manifestada e as vivencias persoais das persoas traballadoras, o estudo móstranos como a discriminación pode instalarse e prexudicar ás persoas de máis idade ou, pola contra, é algo conxuntural que se transforma, como no caso das persoas mozas..

http://www.inmujer.gob.es/publicacioneselectronicas/documentacion/Documentos/DE1757.pdf