Exclusión estructural e integración social
Presentamos o último informe da Fundación Foessa, dentro da súa serie: Análisis y perspectivas, sobre exclusión estrutural e integración social.
Comité Técnico de la Fundación FOESSA (coord.), Exclusión estructural e integración social. Serie: Análisis y Perspectivas, Madrid, Fundación FOESSA, 2018, 32 p.
Por primeira vez a Fundación Foessa acomete unha análise non só do conxunto do Estado, senón de todas as súas comunidades autónomas. Póñese á disposición, tanto das administracións públicas, como dos investigadores sociais, información primaria de gran valor, que sirve tanto para o coñecemento da realidade do que nos está sucedendo como para a súa transformación. O resultado ofrécenos un horizonte cheo de claroscuros. Unhas melloras claras pero que se sosteñen en bases débiles e uns empeoramentos preocupantes entre os máis pobres. Aumentou o número de persoas e fogares que se atopan no espazo da integración social neste final de ciclo ata recuperar cifras similares ao 2007. Con todo, un grupo considerable destas atópase nunha situación de tal precariedade que a probabilidade de que unha próxima crise lles afecte rapidamente é elevada. Consolídase tamén un gran grupo no ámbito da exclusión que confirma o carácter contracíclico da pobreza e a exclusión social. Desde a Fundación FOESSA sempre se transmitiu que o crecemento non é igual ao desenvolvemento.
O balance do últimos dez anos déixanos unha estrutura diferente, unha sociedade cunha integración máis débil e unha exclusión aumentada. Unha sociedade máis desligada, na que se destrúen con cada vez maior intensidade, os vínculos e ligamentos polos que nos sentimos membros, con dereitos e deberes.