Como convivir co TDAH

Presentamos o núm. 3 da colección Convivir co TDAH coeditado pola Fundación Ingada e a Consellería de Política Social da xunta de Galicia.


Como convivir co TDAH / Alejandra Prieto Lago… [et al.] ; Ilustrador/a Encarnación Díaz Martínez. — A coruña : Fundación Ingada ; Santiago de Compostela : Consellería de Política social, Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, 2019. — 78 p. : il. cor ;  21 x 17 cm. — (Convivir co TDAH ; 3)
A Fundación Ingada e a Consellería de Política Social presentan o número 3 da colección Convivir co TDAH, que incide en como afectan as vacacións extraescolares nas familias con fillos con trastorno de déficit de atención e hiperactividade (TDAH) e como o abandono dos horarios e da rutina escolar os afecta de maneira especial na relación cos seus familiares e coidadores.
A publicación informa sobre os problemas que se poden presentar e dá pautas de comportamento que axudan a equilibrar os tempos de lecer sen renunciar ás rutinas básicas e similares ás do resto do ano.

Etiquetas

,