Consellería de Política Social. Memoria, 2020

Xa se pode acceder á Memoria da Consellería de Política Social do 2020. Para a súa consulta facilitamos un resumo da publicación e o enlace do texto completo en PDF de 2020 e de anos anteriores


Galicia, Xunta. Consellería de Política Social. Memoria, 2020. Santiago de Compostela : Consellería de Política Social, Secretaría Xeral Técnica, Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa, Sección de Publicacións e Estatísticas, 2021. 227 p. : il. cor. ; 28 x 21 cm.

https://libraria.xunta.gal/gl/conselleria-de-politica-social-memoria-2020

Memoria que con carácter anual edita a Consellería de Política Social, coas actuacións máis destacadas do ano en curso. A publicación estrutúrase en tantos capítulos como ámbitos de actuación abarca, excepto o primeiro capítulo, no que se analizan temas de carácter máis transversal, como a estrutura orgánica, información demográfica, recursos, publicacións e estatísticas etc.

A pandemia puxo en evidencia a necesidade de repensar o modelo de coidados, tanto nos centros como nos fogares. Hoxe, a Consellería de Política Social conta cun novo departamento que ten como primeiro cometido modernizar o sistema para adaptalo mellor ás necesidades da cidadanía.

Tamén, esta pandemia recordounos a importancia da rede de protección social na que levamos moitos anos traballando: o benestar das persoas maiores, o apoio para as familias con fillos, o acompañamento para os máis pequenos, as posibilidades para a xente nova, as facilidades para as persoas con discapacidade e as novas oportunidades para os fogares que están en situación ou risco de exclusión social.

https://libraria.xunta.gal/sites/default/files/downloads/publicacion/memoria_cps_2020_0.pdf

Consulta de anos anteriores

https://politicasocial.xunta.gal/gl/recursos/publicacions/conselleria-de-politica-social-memoria