Consellería de Política Social. Memoria, 2021

Xa se pode acceder á Memoria da Consellería de Política Social do 2021. Para a súa consulta facilitamos un resumo da publicación e o enlace do texto completo en PDF de 2021 e de anos anteriores.


Galicia, Xunta. Consellería de Política Social. Memoria, 2021. Santiago de Compostela : Consellería de Política Social e Xuventude, Secretaría Xeral Técnica, Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa, Sección de Publicacións e Estatísticas, 2022. 255 p. : il. cor. ; 28 x 21 cm.

Memoria que con carácter anual edita a Consellería de Política Social, coas actuacións máis destacadas do ano en curso. A publicación estrutúrase en tantos capítulos como ámbitos de actuación abarca, excepto o primeiro capítulo, no que se analizan temas de carácter máis transversal, como a estrutura orgánica, información demográfica, recursos, publicacións e estatísticas etc.

Neste 2021 renovouse a Axenda Social Única que recolle as principais medidas no eido social desenvolvidas por esta consellería. Estas concrétanse na elaboración dun novo modelo de coidados para as persoas maiores, que actualiza e mellora a súa atención; na elaboración dun Plan de choque en dependencia, que reducirá os tempos e a burocracia para acceder a unha axuda. Tamén se deu un impulso económico moi necesario ao Servizo de Axuda no Fogar para que os maiores poidan continuar vivindo no seu fogar coidados por un profesional. O curso 2020/21 foi histórico despois da entrada en funcionamento da gratuidade en todas as escolas infantís para os segundos fillos e seguintes, unha medida pioneira que se pretende estender a todos os fillos sen excepción.

Medidas, todas elas encamiñadas ao coidado dos nosos maiores e ao apoio a todas as familias galegas sen excepción.

Memoria 2021

https://libraria.xunta.gal/sites/default/files/downloads/publicacion/memoria_cps_2021.pdf

Consulta de anos anteriores

https://politicasocial.xunta.gal/gl/recursos/publicacions/conselleria-de-politica-social-memoria