Estatística de Protección de menores: operación estatística 2506-02-OE05, 2017

Xa se poden consultar os datos estatísticos de protección de menores de 2017 segundo o establecido no Programa estatístico anual (PEA) do IGE publicado no Decreto 131/2017, do 21 de decembro polo que se aproba o Programa estatístico anual da Comunidade Autónoma de Galicia para 2018 (DOG nº. 246, do 29.12.2017)


Galicia, Xunta. Consellería de Política Social, Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Subdirección Xeral de Política Familiar, Infancia e Adolescencia. – Estatística de Protección de Menores: operación estatística 2506-02-OE05, 2017. – Santiago de Compostela :  Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, 2018. – 33 p. – ISSN1889-8025

Publicación anual con información estatística sobre menores en situación de desprotección e sobre adopcións en 2017. Define as distintas figuras legais que protexen a situación de risco e desamparo: garda, tutela e acollemento, sexa familiar ou residencial. Tamén define e analiza o proceso legal das adopcións, na súa dobre vertente: nacional e internacional. Por último, describe os programas de apoio ás persoas menores e ás súas familias levadas a cabo polos servizos especializados de protección da infancia.

https://libraria.xunta.gal/sites/default/files/downloads/publicacion/estatistica_menores_2017_1.pdf