Influencia de factores sociales en la brecha educativa de género

23. Setembro 2016 Alertas

Mostramos nesta ocasión un artigo da Revista de Educación que nos presenta Siis. Centro de Documentación y Estudios, da Fundación Eguía Careaga no seu boletín de Género y Familia, nº 261


ShowJulià Cano, Albert ; Escapa Solana, Sandra; Marí-Klose, Marga. Nuevos riesgos sociales y vulnerabilidad educativa de chicos y chicas en España = New Social risks and educational vulnerability of boys and girls in spain. Revista de Educación, n. 369, 2015, p. 9-30.   

A aparición de novos riscos sociais -proceder dunha familia monoparental, ter orixe inmigrante ou a participación das nais no mercado laboral- reformula a análise dos procesos de desigualdade. Nesa liña, o presente artigo examina os factores que inflúen na brecha educativa de xénero en España, utilizando as puntuacións en matemáticas, ciencia e comprensión lectora dunha mostra de 25.887 estudantes de secundaria da base de datos de PISA 2009. Ademais, empréganse outras variables independentes e de control, como a orixe, a estrutura familiar, situación laboral e nivel educativo dos proxenitores.

Os resultados obtidos mostran unha maior vulnerabilidade educativa entre os rapaces, sobre todo se son inmigrantes -os autóctonos obteñen máis de 60 puntos de diferenza fronte aos inmigrantes de primeira xeración-. Os estudantes que conviven con dous proxenitores adoitan ter unha puntuación superior á media, e un maior nivel educativo de nais e pais mellora os resultados académicos. En canto á situación laboral, obsérvase que o emprego do pai non inflúe de forma significativa, mentres que ter unha nai que traballe no mercado laboral favorece o rendemento educativo de fillos e fillas. Como conclusión, remárcase a importancia do xénero e outras variables non cognitivas durante a planificación de estratexias educativas para corrixir posibles desigualdades emerxentes. Así mesmo, os autores cren que as familias son un factor clave, xa que moitas das desigualdades que inflúen na brecha educativa de xénero se xeran fóra do ámbito escolar.

http://www.mecd.gob.es/dctm/revista-de-educacion/articulos369/espanol-ingles/01nuevos-riesgos-sociales-y-vulnerabilidad-educativa-de-chicos-y-chicas-en-espana.pdf?documentId=0901e72b81ea08a9