Integración laboral de las personas con discapacidad

07. Outubro 2019 Alertas

Neste documento resúmense os tipos de contratación e as axudas que se destinan á inserción laboral das persoas con discapacidade.


Servicio Público de Empleo Estatal, Integración laboral de las personas con discapacidad. Madrid, Servicio Público de Empleo Estatal, 2019, 27 p.

As persoas con discapacidade conforman un grupo vulnerable e numeroso ao que o modo en que se estrutura e funciona a sociedade mantivo habitualmente en coñecidas condicións de exclusión. Este feito comportou a restrición dos seus dereitos básicos e liberdades condicionando ou obstaculizando o seu desenvolvemento persoal así como o goce dos recursos e servizos dispoñibles para toda a poboación e a posibilidade de contribuír coas súas capacidades ao progreso da sociedade. A integración social das persoas con discapacidade é un dereito constitucional, e corresponde a estes poderes públicos levar a cabo políticas que eliminen as barreiras que a impiden ou dificultan. A incorporación ao mercado laboral deste colectivo é un factor destacado para conseguir a súa plena integración. Neste documento resúmense os tipos de contratación e as axudas que se destinan á inserción laboral das persoas con discapacidade. Trátase dun compendio das medidas existentes ata o momento que pretende servir de guía tanto a empresas e institucións como aos traballadores.

https://www.siis.net/es/documentacion/catalogo/Record/524812?utm_source=Boletines+de+actualidad+SIIS&utm_campaign=ff0f336b10-boletin_siis&utm_medium=email&utm_term=0_17e0500026-ff0f336b10-315103205