Normativa de Política Social. Diario Oficial de Galicia (DOG). Setembro, 2018
Recollemos para a súa consulta unha selección de normas de ámbito social publicadas no DOG en setembro de 2018
Consellería de Economía, Emprego e Industria. ORDE do 13 de agosto de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2018-2019 (DOG nº 167 do 03.09.2018)
Consellería de Política Social. RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 2018, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, pola que se publican os requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 27 de xuño de 2018 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para investimento na mellora de infraestruturas e equipamento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social e se convocan para o ano 2018, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (procedemento BS403F) (DOG nº 168 do 04.09.2018)
Consellería de Política Social. ORDE do 24 de agosto de 2018 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas do maior e se convocan en réxime de concorrencia competitiva para os anos 2018 e 2019 (DOG nº 171 do 07.09.2018)
Consellería de Economía, Emprego e Industria. RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2018 pola que se redistribúen os créditos orzamentarios por epígrafes recollidos na Orde do 16 de marzo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria pública de subvencións para a programación de accións formativas dirixidas ás persoas traballadoras desempregadas na Comunidade Autónoma de Galicia correspondente aos exercicios de 2018 e 2019 (código de procedemento TR301K) (DOG nº 174 do 12.09.2018)
Consellería de Política Social. ORDE do 30 de agosto de 2018 pola que se convoca e se establece o procedemento de adxudicación de prazas do servizo de educación infantil para nenos e nenas de 0 a 3 anos en escolas infantís 0-3 de titularidade privada para o curso 2018/19 (DOG nº 175 do 13.09.2018)
Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2018, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas, para o ano 2018 (código de procedemento SI452A) (DOG nº 182 do 24.09.2018)
Consellería de Política Social. ORDE do 12 de setembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas, xestionado por esta consellería (DOG nº 183 do 25.09.2018)
Presidencia da Xunta de Galicia. DECRETO 88/2018, do 26 de setembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia (DOG nº 185 do 27.09.2018)
Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. DECRETO 102/2018, do 27 de setembro, polo que se dispón o cesamento de Fabiola García Martínez como directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade (DOG nº 186 do 28.09.2018)
Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2018, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se amplían os prazos de resolución e presentación da documentación xustificativa e da solicitude de pagamento, establecidos na Resolución do 15 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas á conciliación da vida familiar e laboral, por redución da xornada de traballo, como medida de fomento da conciliación e corresponsabilidade, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2018 (SI440A)(DOG nº 186 do 28.09.2018)
