Plan Sociosanitario del Principado de Asturias 2019-2021

27. Marzo 2019 Alertas

O Principado de Asturias, a través das súas consellerías de Servizos e Dereitos Sociais e de Sanidade, presentan este plan sociosanitario 2019-2021 cuxo obxectivo é garantir a aquelas persoas que o necesiten, unha atención integral e continuada dos seus coidados sanitarios e sociais.


Consejería de Servicios y Derechos Sociales, Consejería de Sanidad, Plan Sociosanitario del Principado de Asturias 2019-2021. Oviedo, Gobierno del Principado de Asturias, 2019, 106 p.

A atención sociosanitaria é a atención simultánea, coordinada e estable dos servizos sanitarios e sociais, ante necesidades de persoas que necesitan que se garanta unha abordaxe integral e continuada dos seus coidados sanitarios e sociais. A calidade da atención sociosanitaria baséase na colaboración institucional e na cooperación profesional efectiva, para adecuar as intervencións e os recursos específicos sociais e sanitarios que necesita cada persoa, co obxectivo de lograr manter a continuidade da atención. O modelo de atención sociosanitaria que expón este plan, define un ámbito compartido entre os sectores social e sanitario. Non se trata dun novo ámbito de actuación administrativa, senón que se basea na coordinación das estruturas administrativas e dos servizos asistenciais entre os sectores sanitario e social. Nalgúns casos, esta coordinación tamén require da incorporación aos procesos concretos doutros departamentos ou sectores, como pode ser o educativo cando se trata da atención á infancia, ou o da xustiza cando se intervén en temas de violencia.