Políticas públicas para combatir la pobreza en España

05. Setembro 2017 Alertas

Interesante publicación editada polo Consello Económico e Social na que se analiza, polo miúdo, as causas, o detonante e a avaliación da pobreza en España e dá a coñecer o papel desempeñado polo Consello na loita e erradicación da pobreza en España.


Consejo Económico y Social, Políticas públicas para combatir la pobreza en España. Madrid, Consejo Económico y Social, 2017, 197 p.

A análise da pobreza en España, a indagación sobre as súas causas e detonantes e, sobre todo, a avaliación dos dispositivos existentes ou necesarios para previla e combatela veñen sendo obxecto de permanente estudo por parte deste organismo, practicamente desde a súa creación. Lémbrese que xa no ano 1996, o CES aprobaba o seu Informe 8/96 sobre pobreza e exclusión social en España. Xunto ao seguimento deste problema na Memoria anual sobre a realidade socioeconómica de España, o CES tivo a oportunidade de pronunciarse sobre as medidas contempladas en sucesivos plans nacionais de inclusión social, comprensivos da estratexia integral de ámbito estatal para abordar este fenómeno. Tamén ditaminou diversos proxectos normativos que afectaban a diferentes vertentes da loita contra a pobreza en España.

http://www.ikuspegi.eus/documentos/convocatorias/Pltcas_Publicas_Combatir_Pobreza_2017_CES.pdf