Zerbitzuan n. 69

26. Decembro 2019 Alertas

Aparece un novo núm., o nº 69, de Zerbitzuan editada polo Gobierno Vasco


Zerbitzuan n. 69 . Iraila-Septiembre, Eusko Jaurlaritza-Gobierno Vasco, 2019, 140 p.  Depósito Legal: SS 101-1986. ISSN: 1134-7147 Internet: ps://doi.org/10.5569/1134-7147.69

O nº 69 da revista “ Zerbitzuan” iníciase coa proposta dun modelo técnico para o desenvolvemento do servizo de intervención socioeducativa e psicosocial. A continuación, reivindícase o traballo con homes desde unha perspectiva de xénero como unha materia pendente na intervención social. Repásanse despois as catro décadas de traxectoria da cooperativa de iniciativa social Agintzari, dedicada á intervención socioeducativa. Seguindo coas entidades do terceiro sector, descríbese máis tarde un proxecto de transición de empresas de inserción ao mercado ordinario. Continúa cunha presentación do proxecto Izeba, un programa onde familias voluntarias exercen de mentoras de persoas menores de idade tuteladas. Seguidamente, expóñense os resultados dun estudo sobre as percepcións ao redor da inmigración e a pobreza nunha mostra de alumnado universitario. O penúltimo estudo do número, escrito en eúscaro, tamén desenvolve o seu traballo de campo na contorna educativa, interesándose polos coñecementos e discursos do profesorado das primeiras etapas educativas ao redor das experiencias adversas en pouca idade. Pecha o número un artigo que suxire unha metodoloxía para comparar cocientes de xerocultor entre as distintas normativas do Estado, utilizando como referencia o índice Barthel.

Artigos