Guía de ayudas sociales y servicios para las familias 2017

15. Xuño 2017 Alertas
Xa se pode consultar a guía das axudas que presta o Goberno de España ás familias no ámbito da Administración xeral do Estado actualizada a 29 de marzo de 2017

Dirección General de Servicios para la Familia y la Infancia, Guía de ayudas sociales y servicios para las familias 2017. Madrid, Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad, 2017, 111 p.

O Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade publica anualmente esta “Guía de Axudas Sociais e Servizos para as Familias”, cuxo obxectivo é facilitar información ás persoas que teñen responsabilidades familiares sobre as prestacións, beneficios e servizos que teñen á súa disposición no ámbito da Administración Xeral do Estado.

Nesta edición, actualizada para o ano 2017, recóllense principalmente as axudas establecidas nos ámbitos de seguridade social, emprego, fiscalidade, servizos sociais, educación, vivenda, entre outros; e facilítanse as direccións e ligazóns dos organismos autonómicos competentes nestas materias e de entidades sociais que traballan no ámbito de familias, de modo que os cidadáns e cidadás poidan ampliar a información sobre as axudas existentes na súa Cidade ou Comunidade Autónoma.

https://consaludmental.org/publicaciones/Guia-ayudas-familias-2017.pdf