Guía de ayudas sociales y servicios para las familias 2019

03. Setembro 2019 Alertas

O Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social publica anualmente esta guía co obxectivo de facilitar información ás persoas que teñen responsabilidades familiares sobre as prestacións, beneficios e servizos que teñen á súa disposición no ámbito da Administración Xeral do Estado.


O Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social publica anualmente esta “Guía de Axudas Sociais e Servizos para as Familias”, cuxo obxectivo é facilitar información ás persoas que teñen responsabilidades familiares sobre as prestacións, beneficios e servizos que teñen á súa disposición no ámbito da Administración Xeral do Estado. Nesta nova edición, actualizada para o ano 2019, recóllense principalmente as axudas establecidas nos ámbitos de seguridade social, emprego, fiscalidade, servizos sociais, educación, entre outros, incluíndo as moi relevantes modificacións aprobadas recentemente en relación co incremento das prestacións por fillo a cargo, como instrumento de loita contra a pobreza infantil, a nova regulación dos permisos vinculados ao nacemento e coidado dos menores, a recuperación da cotización para coidadores familiares de persoas en situación de dependencia ou do subsidio de desemprego para maiores de 52 anos; así mesmo facilítanse as direccións e ligazóns dos organismos autonómicos competentes nestas materias e de entidades sociais que traballan no ámbito de familias, de modo que os cidadáns e cidadás poidan ampliar a información sobre as axudas existentes na súa cidade ou Comunidade Autónoma. Esta edición, como en anos anteriores, contén un capítulo dedicado ás actividades culturais, deportivas e de turismo para familias con nenos/ as promovidas por organismos e centros dependentes da Administración Xeral do Estado tales como os Museos Nacionais, a Biblioteca Nacional, os adscritos ao Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música, o Consello Superior de Deportes ou Turespaña.

http://www.mscbs.gob.es/ssi/familiasInfancia/pdf/guiadeayudasparalasfamilias2019.pdf?fbclid=IwAR0Yp4I506N4TEaxOMo0wNs10wkEigiqA9YCTX99SkkLwwbDixfk8YWuI1M