Índice de desarrollo de los servicios sociales 2015 / Índice DEC.

02. Setembro 2016 Alertas

Xa está á disposición dos nosos usuarios e para a súa consulta o informe sobre  o índice DEC de desenvolvemento dos servizos sociais 2015.


Folleto Indice DEC 2015 1García, G., et al., Índice DEC. Índice de desarrollo de los servicios sociales 2015 / Índice DEC. Valoración del desarrollo de los servicios sociales 2015 por comunidades autónomas / Tablas de datos de cada indicador. Madrid, Asociación Estatal de Directores y Gerentes en Servicios Sociales, 2016, 16, 227, 26 p.

Resumo:

Suspenso. Esta é a nota media que obtén o desenvolvemento dos servizos sociais no Estado español no particular ‘exame’ que cada ano leva a cabo a Asociación Estatal de Directores e Xerentes en Servizos Sociais. A ferramenta que utiliza para iso é o índice sintético DEC, que avalía vinte e cinco indicadores de tres áreas: dereitos e decisión política (‘D), relevancia económica (‘E‘) e cobertura de servizos (‘C). En concreto, a cuarta e última aplicación deste índice, cuxos datos máis recentes corresponden a 2014, sáldase cunha nota media de 4,53 puntos e unha mediana de 4,2, manténdose así por debaixo do aprobado, como sucedeu dende 2012.

Se ben a foto xeral é negativa, a análise detallada introduce matices que é preciso tomar en conta, posto que a situación actual dos servizos sociais en España se caracteriza por unha enorme heteroxeneidade entre comunidades autónomas. O informe sinala, neste sentido, que “as diferenzas interterritoriais non se reduciron e seguen sendo extremas na maior parte dos indicadores de cobertura de prestacións e servizos”.
Enlace web
Enlace web
Enlace web