Índice DEC. Índice de desarrollo de los servicios sociales 2020/ Índice DEC por Comunidades Autónomas/ Tablas de datos de cada indicador
O Índice DEC mide e valora aspectos relacionados coas necesidades sociais da poboación. Pero ademais é o único estudo que trata de medir e avaliar o desenvolvemento das estruturas e orzamentos dun Sistema, os Servizos Sociais, que atenden as necesidades de máis de 8 millóns de persoas en España
Álvarez, A., et al., Índice DEC. Índice de desarrollo de los servicios sociales 2020/ Índice DEC por Comunidades Autónomas/ Tablas de datos de cada indicador. Madrid, Asociación Estatal de Directores y Gerentes en Servicios Sociales, 2021, 60 p., 193 p., 26 p.
Existen diversos estudos que miden e valoran a pobreza e a desigualdade, ou determinados aspectos relacionados coas necesidades sociais da poboación. Pero o Índice DEC é o único estudo que trata de medir e avaliar o desenvolvemento das estruturas e orzamentos dun Sistema, os Servizos Sociais, que atenden as necesidades de máis de 8 millóns de persoas en España.
Os resultados do Índice DEC en 2020 confirman que desde que tocaron fondo os recortes tan acusados que se rexistraron como consecuencia da crise de 2008, as estruturas do Sistema público de Servizos Sociais veñen rexistrando un paulatino e ininterrompido repunte. Podemos dicir así que no intervalo entre a crise de 2008 e a que provocou a pandemia do COVID-19 en 2020, o Sistema se foi recuperando. Queda por ver, en próximos anos, como diciamos, o impacto que vai ter esta nova crise. O informe complétase co Índice DEC 2020 por Comunidades autónomas e as Táboas de datos de cada indicador
https://directoressociales.com/wp-content/uploads/2021/05/INFORME-DEC-2020_def_baja.pdf
https://directoressociales.com/wp-content/uploads/2021/05/DEC-2020_CC-AA_baja.pdf
https://directoressociales.com/wp-content/uploads/2021/05/TABLAS-IDEC-2020.-v.6.5.21.pdf