Informe sobre a aplicación e avaliación da Lei de inclusión social de Galicia 2020

Informe sobre as prestacións económicas xestionadas pola Consellería de Política Social durante 2020 relativas á renda de inclusión social de Galicia (Risga) e ás axudas de inclusión social (AIS)


Galicia, Xunta, Consellería de Política Social, Dirección Xeral de Inclusión Social. Informe sobre a aplicación e avaliación da Lei de inclusión social de Galicia, 2020. Santiago de Compostela :  Consellería de Política Social, Dirección Xeral de Inclusión Social, 2020. 149 p. ; 30 x 21 cm

Este informe de avaliación da Lei de inclusión social de Galicia informa sobre as prestacións económicas xestionadas pola Consellería de Política Social durante 2020 relativas á renda de inclusión social de Galicia (Risga) e ás axudas de inclusión social (AIS).

A renda de inclusión social de Galicia é unha prestación pública destinada a garantir recursos económicos de subsistencia a quen careza deles, así como a acadar progresivamente a súa autonomía e integración social e laboral, mediante o dereito e o deber de participar en procesos personalizados de inserción con apoio técnico e financeiro do Sistema galego de servizos sociais e do Sistema público de emprego de Galicia.

As axudas de inclusión social son prestacións económicas non periódicas que teñen como finalidade posibilitar ou reforzar os procesos de inclusión social das persoas ou familias valoradas tecnicamente en situación de exclusión social ou de risco de exclusión social, así como atender as situacións de grave emerxencia de persoas ou familias vulnerables que poidan desencadear un proceso de exclusión social.

A publicación deste informe ten como obxectivos: presentar o número e evolución das persoas beneficiarias da Risga e das axudas para situacións de inclusión social, o orzamento executado e o perfil das persoas beneficiarias das referidas prestacións.

Está integrado no Programa estatístico anual do IGE como operación estatística 2503-01-OE05 Estatística sobre persoas beneficiarias da Risga e das axudas de inclusión social.

Para acceder ao documento de 2020, prema neste enlace:

https://libraria.xunta.gal/gl/informe-sobre-a-aplicacion-e-avaliacion-da-lei-de-inclusion-social-de-galicia-2020

https://politicasocial.xunta.gal/sites/w_polso/files/arquivos/xeral/informe_risga_2020.pdf

Para acceder a anos anteriores, pinche aquí

https://politicasocial.xunta.gal/gl/recursos/publicacions/informe-sobre-aplicacion-e-avaliacion-da-lei-de-inclusion-social-de-galicia-0