Juventud y violencia

13. Marzo 2019 Alertas

A Revista de Estudios de Juventud edita un monográfico sobre a violencia da e á xuventude.


Rubio, A. (coord.), Juventud y violencia. Revista de Estudios de Juventud , n. 120, 2018, 186 p. 

A violencia xuvenil e a infrinxida sobre a mocidade, adoitan irromper de forma impactante, xerando estupefacción e desconcerto; en ocasións por propiciar interpretacións enfrontadas (como en casos de violación), noutras por ausencia delas (as agresións autoinfringidas por exemplo), e máis recentemente, polas novas formas nas que se exerce e nomean ( balconing, grooming, sexting, cyberacoso, etc.) e que son expresión de cambios sociais profundos. Neste monográfico ofrécese unha descrición detallada do estado da cuestión, cunha pluralidade de interpretacións desde as diversas ciencias sociais (socioloxía, psicoloxía, economía, criminoloxía, antropoloxía, ciencias da comunicación, etc.), e desde perspectivas teóricas, xurídicas e analíticas.

http://www.injuve.es/sites/default/files/2018/47/publicaciones/revista_injuve_120.pdf