La Red Mundial de Ciudades y Comunidades adaptadas a las Personas Mayores.

14. Marzo 2019 Alertas

Informe sobre os avances que realizaron as cidades e comunidades no último decenio para adaptarse ás persoas maiores, mediante a observación da Rede Mundial da OMS de Cidades e Comunidades Adaptadas ás Persoas Maiores.


Officer, A., Wu, D., La Red Mundial de Ciudades y Comunidades adaptadas a las Personas Mayores. Revisar el último decenio y mirar con optimismo hacia el siguiente. Ginebra, Organización Mundial de la Salud, 2018, 48 p.

https://apps.who.int/iris/bitstream/handle/10665/278981/WHO-FWC-ALC-18.4-spa.pdf?ua=1

Este informe ofrece unha visión de conxunto dos avances que realizaron as cidades e comunidades no último decenio para adaptarse ás persoas maiores, mediante a observación da Rede Mundial da OMS de Cidades e Comunidades Adaptadas ás Persoas Maiores. Dous dos logros máis destacados foron a cuadruplicación do número de membros da Rede Mundial da OMS nos últimos dous anos e medio e o aumento inédito no número de organizacións afiliadas que apoian á Rede na súa misión. Eses resultados poñen de relevo que todo o mundo recoñece a importancia da iniciativa sistemática e integradora da OMS destinada á adaptación ás persoas maiores mediante compromiso político, planificación, acción e avaliación. Esa formulación, que pode ser flexible, pode ter un efecto enorme. Grazas aos exemplos proporcionados no informe de cidades e comunidades de todo o mundo, podemos ver como as persoas maiores benefícianse desas iniciativas na súa vida cotiá. Nesta páxina pódense buscar cidades e comunidades que forman parte da rede: https:// extranet. who. int/ agefriendlyworld/ Network/