La protección del menor en el derecho europeo y español: el sharenting y su problemática.

18. Marzo 2022 Alertas

O papel das redes sociais e da internet afecta cada vez máis a vida diaria dos menores e en consecuencia aumentaron os riscos aos que se expoñen na rede. Esta publicación pretende examinar a protección do dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe dos menores neste contexto dixital internacional  e elaborar un exame crítico en defensa do interese do menor.


García, A., La protección del menor en el derecho europeo y español: el sharenting y su problemática. Serie: Infancia y Adolescencia n. 10, Valencia, Editorial Universitat Politècnica de València, 2021, 121 p.

Na actualidade, as redes sociais ostentan un papel fundamental na nosa vida diaria e, en especial, na vida da maioría dos menores. De feito, o acceso á Internet prodúcese a idades cada vez máis temperás. Esta situación, sumada ao fenómeno dos menores influencers, é dicir, aqueles menores que reciben unha contraprestación por subir contido ás plataformas dixitais, provocaron un aumento significativo dos riscos aos que se expoñen na Rede. Así mesmo, atopámonos ante o auxe dun escenario particular: o sharenting, as familias que sobreexpoñen aos seus fillos e fillas nas redes sociais. Deste xeito, a presente monografía pretende examinar a protección do dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe dos menores neste contexto dixital internacional pola súa propia natureza e a penetración das redes sociais. Concretamente, esta investigación mostrará os riscos aos que se expoñen os menores de idade desde a perspectiva de xénero e analizará a normativa estadounidense, europea e española na materia, co fin de estudar a actual regulación do fenómeno e elaborar un exame crítico deste, para a defensa do interese de tan vulnerable sector da poboación.

https://www.siis.net/documentos/ficha/572336.pdf