Las TIC, una oportunidad para la inclusión
O Observatorio de la Discapacidad Física preséntanos a seguinte nova bibliográfica, extraída do Boletín Personas con Discapacidad, nº 262 de Siis, Centro de Documentación y Estudios
Fernández, M., et al., Las TIC, una oportunidad para la inclusión. Serie: Monográfico n. 7, Barcelona, Observatorio de la Discapacidad Física, 2016, 35 p.
Esta publicación ten como principal obxectivo coñecer como utilizan as novas tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) as persoas con discapacidade física e de que xeito estas contribúen na mellora da súa calidade de vida e na súa participación e inclusión na sociedade actual. Para iso, proporciónanse datos do estudo “Discapacidad, integración e papel das TIC” desenvolvida pola Fundación Vodafone España e COCEMFE Barcelona. Trátase dunha enquisa exhaustiva realizada no ano 2015, na que participaron máis de 1.000 persoas con minusvalidez física do territorio catalán. Mediante o coñecemento das ferramentas e usos que se dan actualmente ás novas tecnoloxías preténdese obter unha idea sobre a forma na que as TIC poden contribuír na construción de sociedades máis xustas e inclusivas. No documento realízase en primeiro lugar unha contextualización para despois presentar unha serie de datos e indicadores. Para finalizar, facilítase información sobre ferramentas colaboradoras e aplicacións dirixidas especificamente ao colectivo de persoas con discapacidade.