Modelos de gestión de calidad en la atención a las personas con dependencia. Revisión Internacional
Este documento recolle unha exhaustiva análise de diversas experiencias internacionais de modelos de calidade das políticas de coidado e atención ás persoas con dependencia.
Leturia, M., et al., Modelos de gestión de calidad en la atención a las personas con dependencia. Revisión Internacional. Montevideo, Sistema Nacional Integrado de Cuidados, 2019, 380 p.
A República Oriental do Uruguai está a poñer en funcionamento un Sistema Nacional Integrado de Coidados ( SNIC) que se constituirá nun dos alicerces fundamentais da nova matriz de protección social. Un dos obxectivos do sistema ha de ser o de garantir a calidade dos coidados, independentemente do prestador do servizo, para o que é necesario desenvolver un modelo de calidade que implica a fixación de estándares únicos para os servizos e prestacións, con independencia de que o prestador sexa público ou privado, así como definir o mecanismo que se debe utilizar para outorgar o cumprimento do estándar, os incentivos para que os prestadores cumpran, e o modelo de transparencia e rendición de contas á cidadanía que isto implica. Nese marco, e para o posterior deseño dun modelo de Xestión de Calidade para o SNIC, este documento recolle unha exhaustiva análise de diversas experiencias internacionais de modelos de calidade das políticas de coidado. Con ese punto de partida, os obxectivos do informe son dous: – por unha banda, describir os modelos de regulación e xestión da calidade despregados en diversos países de Europa e América no ámbito dos servizos a persoas en situación de dependencia, con particular atención á calidade da atención nos servizos residenciais para persoas maiores. Tamén se analiza, con todo, a aplicación deses modelos a outros colectivos (como as persoas con discapacidade menores e adultas) e noutros servizos, como a atención diúrna ou a domicilio. Nese sentido, o obxectivo do informe é o de establecer os instrumentos e métodos de traballo que cada unha desas diferentes institucionalidades de xestión da calidade utilizan para a implementación, tales como medidas de desempeño, información publica e modelo de acreditación e certificación, detallando as capacidades organizativas que posúen e os diferentes modelos de articulación de políticas que levan adiante.- por outra banda, a partir dunha lectura transversal das diferentes experiencias nacionais descritas, identificar os elementos crave que han de terse en conta á hora da construción dun modelo de aseguramento e xestión da calidade, e as diferentes opcións que poden existir en relación a eses elementos, así como as consecuencias ou efectos que cabe esperar das opcións dispoñibles.