Na porta
A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado publica na súa páxina web a novela gañadora do segundo premio de Novela Curta do Certame Xuventude Crea, 2020
Orde Caos. Pseud. de Pedro Aarón Álvarez Pérez. Na porta. Santiago de Compostela : Consellería de Política Social, Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, 2021. 122 p.
Escritor, escultor, tatuador, debuxante e muralista, terminou a súa primeira novela aos vinte e catro anos durante unha viaxe por Romanía e o centro de Europa. Desde entón, autopublicou cinco dos seus libros, algúns dos cales están pendentes de reedición. Expuxo a súa obra pictórica e escultórica en varias exposicións e actualmente áchase inmerso nun proxecto de temática de terror no que combina as súas distintas facetas.
Esta novela foi premiada co 2º Premio de Novela Curta no Certame Xuventude Crea 2020.
https://libraria.xunta.gal/sites/default/files/downloads/publicacion/md_na_porta_v.6-1.pdf