Os contos de Memi

A Fundación Igualarte en coedición coa Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social preséntannos esta publicación como parte do proxecto educativo Memi, unha gota de aire.


Os contos de Memi / Maika Conde… [et al.] ; [ilustracións] Gustavo López Albir e Iván Lago González. — Vigo: Fundación Igualarte ; Santiago de Compostela : Consellería de Política Social, Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, 2019. [60] p. : il. cor ; 16 x 16 cm.
Este conto forma parte do proxecto educativo Memi: unha gota de aire. Está coeditado pola Fundación Igualarte e a Consellería de Política Social. Trátase dunha recompilación de contos nos que Memi é a protagonista. A través de delicadas ilustracións e coidados textos Memi relátanos en primeira persoa as sensacións do mundo que lle rodea.
A presentación da conselleira que acompaña a edición destes contos invítanos á  súa lectura en familia e incide na importancia do fomento da lectura desde a infancia.

Etiquetas

,