Pensiones no contributivas, 2020

27. Febreiro 2020 Alertas

As pensións non contributivas, reguladas na Lei xeral da Seguridade Social, aseguran a todos os cidadáns en situación de xubilación ou invalidez e en estado de necesidade, unha prestación económica, asistencia médico-farmacéutica gratuíta e servizos sociais complementarios; aínda que non se cotizou ou se fixo de forma insuficiente para ter dereito a unha pensión contributiva


España. Ministerio de Derechos Sociales y Agenda 2030. IMSERSO. — Pensiones no contributivas, 2020. — [Madrid] : IMSERSO, 2020. 8 p.

O Estado a través da Seguridade Social garante ás persoas comprendidas no seu campo de aplicación, por realizar unha actividade profesional contributiva ou por cumprir os requisitos esixidos na modalidade non contributiva, a protección adecuada fronte ás continxencias e nas situacións que se contemplan na Lei Xeral da Seguridade Social. As pensións non contributivas, reguladas na devandita Lei, aseguran a todos os cidadáns en situación de xubilación ou invalidez e en estado de necesidade, unha prestación económica, asistencia médico-farmacéutica gratuíta e servizos sociais complementarios; aínda que non se cotizou ou se fixo de forma insuficiente para ter dereito a unha pensión contributiva.

https://www.imserso.es/InterPresent1/groups/imserso/documents/binario/fpnc.pdf