Plan Proxecta. Educación sexual. Curso 2020-2021. Fichas
Presentamos unha nova edición do Plan Proxecta para o curso 2020-2021 que asesora sobre sexualidade á nosa mocidade
Equipo dos Centros Quérote +. –Plan Proxecta. Educación sexual. Curso 2020-2021. Santiago de Compostela, Consellería de Política Social, Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, 2020. — 3ª ed. — 61 p.
Trátase dunha publicación estruturada a través da recompilación de fichas. Preséntase como un recurso de utilidade para o equipo docente encargado de poñer en marcha o Plan Proxecta, que ten como finalidade asesorar e facilitar a aprendizaxe da sexualidade por parte da nosa xuventude.
Preténdese que aprendan a se coñeceren, a se aceptaren e a viviren a súa sexualidade dun xeito positivo e satisfactorio, e contribuír, deste xeito ao seu pleno desenvolvemento persoal e social
https://libraria.xunta.gal/sites/default/files/downloads/publicacion/fichas_q_20-21.pdf