Consellería de Política Social. Memoria, 2019

Xa se pode acceder á Memoria da Consellería de Política Social do 2019. Para a súa consulta facilitamos un resumo da publicación e o enlace do texto completo en PDF de 2019 e de anos anteriores


Galicia, Xunta. Consellería de Política Social. Memoria, 2019. Santiago de Compostela : Consellería de Política Social, Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa, Sección de Publicacións e Estatísticas, 2019. 245 p. : il. cor. ; 28 x 21 cm.

https://libraria.xunta.gal/gl/conselleria-de-politica-social-memoria-2019 

Memoria que con carácter anual edita a Consellería de Política Social, coas actuacións máis destacadas do ano en curso. A publicación estrutúrase en tantos capítulos como ámbitos de actuación abarca, excepto o primeiro capítulo, no que se analizan temas de carácter máis transversal, como a estrutura orgánica, información demográfica, recursos, publicacións e estatísticas etc.

Na súa presentación, a conselleira de Política Social di que “coa chegada da covid-19 os retos da nosa comunidade mudaron e as proxeccións de futuro miran cara a reconstrución e a recuperación. Con todo, o foco segue sendo o mesmo. As familias seguen a ocupar o centro da nosa atención e os nosos obxectivos son os mesmos que naquel mes de decembro: conseguir unha Galicia máis integradora, máis familiar e máis acolledora”.

Consulta de anos anteriores

https://politicasocial.xunta.gal/gl/recursos/publicacions/conselleria-de-politica-social-memoria