Programa de integración familiar: investigación para la validación y optimización
Este programa promovido pola Consellería de Política Social atende persoas menores de idade que son obxecto de atención do Sistema de protección de menores da Xunta de Galicia. O documento que agora publicamos foi desenvolvido pola Fundación Meniños e editado en coedición coa Xunta de Galicia. O estudo presenta unha revisión, validación e optimización do Programa desde un enfoque socioeducativo de mellora da competencia familiar.
Programa de integración familiar: Investigación para la validación y optimización / Colaborador Juan José Lorenzo Castiñeiras, Equipo de Integración Familiar de la Fundación Meniños ; Directores, Lluís Ballester Brage, Juan José Oliver Torelló. Santiago de Compostela: Consellería de Política Social, Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, 2018, 112 p.
O Programa de integración familiar, programa promovido pola Consellería de Política Social, atende familias residentes en Galicia nas que se integra, polo menos, una persoa menor de idade que, pola súa vez, é obxecto de atención por parte do Sistema de protección de menores da Xunta de Galicia por existir unha situación de vulnerabilidade e/ou desprotección. O Programa desenvólvese co obxecto de recuperar, consolidar e fortalecer as capacidades e habilidades de protección das familias para evitar a separación dos nenos do seu contorno familiar. Trátase de garantir o desenvolvemento integral da infancia e da adolescencia a través da cobertura das súas necesidades. Tamén se realiza un labor preventivo e de detección precoz das situacións problemáticas. Este estudo presenta unha revisión, validación e optimización do Programa desde un enfoque socioeducativo de mellora da competencia familiar.
https://libraria.xunta.gal/sites/default/files/downloads/publicacion/investigacion_pif_meninos.pdf