Recompilación normativa. Consellería de Política Social, 2016
Xa se pode consultar a Recompilación Normativa, con todas as disposicións normativas publicadas pola Consellería de Política Social no Diario Oficial de Galicia ao longo de 2016.
Recompilación Normativa. Consellería de Política Social, 2016 / [Recompila e edita] Consellería de Política Social, Secretaría Xeral Técnica, Sección de Publicacións e Estatísticas, 31 p.
Esta edición da Recompilación Normativa agrupa as principais disposicións xurídicas no eido das políticas sociais. As disposicións normativas clasifícanse en 5 grandes epígrafes: Consellería, Familia, Inclusión, Maiores e persoas con discapacidade e Xuventude e voluntariado.
A edición actual permítenos acceder á normativa ordenada por número currens e móstrase conforme os formatos electrónicos adoptados polo Diario Oficial de Galicia (DOG). De cada rexistro danse os seguintes datos: Título da disposición, Núm. de DOG e data na que se publicou, Acceso á norma en dous tipos de formato: HTML e PDF.
Ademais, aquelas disposicións corrixidas, ampliadas ou modificadas aparecen vinculadas á norma principal, o que facilita a consulta e a manexabilidade da publicación.
https://libraria.xunta.gal/sites/default/files/downloads/publicacion/recompilacion_2016.pdf