Siis. Boletín de Acción Social

16. Xuño 2016 Alertas

Vén de publicarse un novo número do Boletín de Acción Social, o núm. 256 (2016) editado por Siis, Centro de Documentación e Estudos da Fundación Eguía-Careaga.


InfShow[7]orman sobre a aparición do novo número, (nº. 61, Maio 2016), da revista Zerbitzuan promovida polo Departamento de Emprego e Políticas Sociais do Goberno Vasco. Trátase dunha revista científica dedicada ás políticas de benestar social. Diríxese a todos os axentes involucrados  neste ámbito —profesionais, responsables institucionais, investigadores/as, voluntariado e usuarios/as— e  ten como obxectivo contribuír ao debate sobre a mellora das políticas e os servizos sociais. A súa periodicidade é cuatrimestral e edítase tanto en papel como en formato electrónico. Está permitida a reproducción total ou parcial por calquera medio dos artigos contidos nesta revista, sempre que se cite a fonte e o autor ou autores.

A través deste enlace pódese acceder ao texto completo da publicación

http://www.zerbitzuan.net/documentos/zerbitzuan/Zerbitzuan61.pdf