Xuventude Crea. Certame 2020
Catálogo dos premiados en todas as categorías do certame Xuventude Crea que anualmente convoca a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
Anuario dos premios do programa Xuventude Crea 2020 que convoca a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Consta de notas biográficas das persoas premiadas nas 14 especialidades, así como de fotografías dos/as autores/as e das obras gañadoras. En palabras da conselleira “Xuventude Crea” busca rescatar todas esas boas ideas da mocidade galega para impedir que queden no esquecemento e se poidan converter nun impulso cara ao que eles elixan”.
Nesta edición 2020 premiáronse as seguintes categorías: Artes plásticas, Banda deseñada, Cociña, Danza moderna, Creación de videoxogos, Deseño de xoias, Fotografía, Graffiti, Moda, Música, Novela curta, Poesía, Teatro e Videocreación.
https://libraria.xunta.gal/sites/default/files/downloads/publicacion/md_xuventudecrea2020_v13.pdf