XVII Dictamen del Observatorio de la Ley 39/2006 de Promoción de la Autonomía Personal y Atención a las Personas en situación de Dependencia

26. Xullo 2017 Alertas
Xa se poden consultar os últimos datos publicados polo Observatorio da Lei 39/2006 de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia no que se analizan os problemas dos que adolece esta lei desde a súa implantación, hai agora dez anos.

XVII Dictamen del Observatorio de la Ley 39/2006 de Promoción de la Autonomía Personal y Atención a las Personas en situación de Dependencia. Serie: Dictámenes del Observatorio, Madrid, Asociación Estatal de Directores y Gerentes en Servicios Sociales, 2017, 51 p.

Unha vez transcorridos 10 anos de implantación do Sistema para a promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia, este novo ditame do Observatorio insiste na necesidade de dotar o sistema da necesaria suficiencia financeira.

O pasado 14 de decembro de 2016, os representantes da maioría grupos do arco parlamentario do Congreso dos Deputados (coa soa excepción do PP e do PNV) subscribiron un pacto pola reversión, para os PGE de 2017, dos recortes producidos e co compromiso explícito de acabar coas listas de espera nun máximo de dous anos. Tamén se pactou estudar o futuro do financiamento do sistema para ver a súa integración no ámbito da LOFCA.

O Ditame sostén que se manteñen grandes desigualdades entre territorios tanto en cobertura como en modelos de xestión. É previsible que haxa algunhas comunidades autónomas que non poidan percorrer o camiño que queda sen un cambio drástico de modelo de atencións e unha inxección financeira específica, Nove Comunidades suspenden na Escala de Valoración do Observatorio.

http://www.directoressociales.com/images/documentos/Dependencia/XVII%20DICTAMEN%20OBSERV%20jmr.pdf