Derechos humanos y discapacidad. Informe España 2019

05. Agosto 2020 Alertas

Este estudo documenta polo miúdo o grao de cumprimento da Convención sobre os dereitos das persoas con discapacidade en España o pasado ano.


Delegación del CERMI Estatal para los Derechos Humanos y para la Convención de la ONU, Derechos humanos y discapacidad. Informe España 2019. Serie: Convención ONU n. 25, Madrid, Comité Español de Representantes de Personas con Discapacidad, Ediciones Cinca, 2020, 568 p.

Este estudo documenta polo miúdo o grao de cumprimento da Convención sobre os dereitos das persoas con discapacidade en España o pasado ano. Trátase dunha cartografía fiel do estado xeral dos dereitos, a inclusión e o benestar das persoas con discapacidade e as súas familias, elaborada polo CERMI en calidade de mecanismo independente de seguimento deste tratado en España e como institución nacional de dereitos humanos, no ámbito da discapacidade.

O informe, como os doce que o precederon, é unha ferramenta que aspira a xerar condicións de coñecemento, denuncia e proposta para o cumprimento efectivo da Convención en España. A información contida nesta publicación ofrece unha imaxe nítida e axustada á realidade dos dereitos das persoas con discapacidade en 2019, e permite sobre esta base orientar a lexislación, as políticas públicas e a acción de todas as administracións e operadores privados e cívicos, pois todos están concernidos e vinculados por este tratado internacional de dereitos humanos. Con este documento, a sociedade civil das persoas con discapacidade e as súas familias, articulada en torno ao movemento CERMI, actúa como axente crítico, vixiante e belixerante, pero tamén propositivo e rigoroso para denunciar os déficits en materia de inclusión e para aplaudir aqueles logros que se alcanzaron ao longo do ano 2019 co fin de situar as persoas con discapacidade en parámetros de plena cidadanía.

https://www.cermi.es/sites/default/files/docs/colecciones/Informe%202019_ONU_0.pdf