El ahorro para la jubilación a través de la empresa

24. Novembro 2017 Alertas

Presentamos este estudo, gañador do XII Premio Edad&Vida Higinio Raventós convocado pola Fundación Edad & Vida.


El ahorro para la jubilación a través de la empresa / Equipo Icea, Equipo Icae, Universidad Complutense de Madrid. Madrid : Fundación Edad & Vida, 2017. 84 p. ISBN: 978-84-697-7109-9. Depósito Legal: M-30918-2017

 

Presentamos este estudo, gañador do XII Premio Edad & Vida Higinio Raventós convocado pola Fundación Edad & Vida. Esta fundación para a mellora, promoción e innovación da calidade de vida das persoas maiores, pretende contribuír coas súas actividades á reflexión sobre aqueles temas nos que poidan proponerse accións e solucións que melloren a calidade de vida deste colectivo.

A Fundación, a través deste premio financia estudos que teñan como obxectivo a busca de solucións viables e eficaces que optimicen a calidade de vida das persoas maiores.

Esta edición do premio buscaba premiar un proxecto que presentase propostas para desenvolver o segundo piar do noso sistema de pensións, o do aforro a través da empresa.

 O estudo, titulado El ahorro para la jubilación a través de la empresa, foi elaborado polo equipo investigador de ICEA (Investigación Cooperativa entre Entidades Aseguradoras e Fondos de Pensións) en colaboración co Instituto Complutense de Análise Económica (ICAE) e a Universidade Complutense de Madrid. Propón un modelo de pensións mixta e que o aforro a través da empresa, sexa en parte obrigatorio para as organizacións e en parte incentivado fiscalmente co obxectivo de estender o aforro a longo prazo.

https://www.edad-vida.org/wp-content/uploads/2017/10/XII-Premio-EV-Ahorro-Jubilaci%C3%B3n-Empresa.pdf