El mapa de la pobreza severa en España. El paisaje del abandono, 2º informe.

04. Outubro 2021 Alertas

Esta publicación trata sobre a calidade de vida das persoas que padecen pobreza severa para que desde un coñecemento en profundidade, se poida comprender e deseñar ferramentas que permitan reducir o número de persoas atrapadas no extremo máis pobre da sociedade.


Llano, J.C., Quiroga, D., El mapa de la pobreza severa en España. El paisaje del abandono, 2º informe. Madrid, EAPN España, 2021, 68 p

Considérase que as persoas viven en pobreza -ou son pobres- cando non poden dispoñer dos recursos materiais, culturais e sociais necesarios para satisfacer as súas necesidades básicas e, por tanto, quedan excluídas das condicións de vida minimamente aceptables para o Estado ou territorio no que habitan. A pobreza severa tenta medir o grao máis intenso desa situación en España.
A pobreza severa representa o elo máis débil e descoñecido da sociedade española e o propósito deste segundo informe non só é estudar cantos son. O obxectivo é coñecer a súa calidade de vida: quen son, que lles falta, como llas arranxan para sobrevivir e as súas principais diferenzas con respecto ao resto da poboación. Iso axudará a unha mellor comprensión dos seus problemas, a reducir estereotipos e a deseñar mellores ferramentas para axudar a reducir o número de persoas atrapadas no extremo máis pobre da sociedade..

https://www.eapn.es/ARCHIVO/documentos/documentos/1631255247_informe-paisaje-abandono-eapn_vf.pdf