El modelo ACP-gerontología. Aplicar y evaluar atención centrada en la persona en los servicios gerontológicos
Este documento presenta e describe o modelo ACP-xerontoloxía, unha proposta de elaboración propia centrada na persoa nos servizos xerontolóxicos.
Martínez, T., El modelo ACP-gerontología. Aplicar y evaluar atención centrada en la persona en los servicios gerontológicos. Serie: Informes Acpgerontología n. 7, Oviedo, ACP Gerontología, 2018, 38 p.
http://acpgerontologia.blogspot.com/
Este documento presenta e describe o modelo ACP-xerontoloxía, unha proposta de elaboración propia que foi construída ao longo de seis anos, para facer operativa a atención centrada na persoa nos servizos xerontolóxicos. Propón un marco operativo estruturado en dúas dimensións que á súa vez integran 10 compoñentes e 50 accións clave. A intención deste modelo non é limitar, nin moito menos encorsetar o que é e supón a aplicación de enfoque ACP nun servizo. As 50 accións clave, vinculadas aos distintos compoñentes, ofrecen un marco orientativo que pretende identificar actuacións significativas (pero non únicas), co obxecto de guiar aos responsables e equipos profesionais que pretenda avanzar cara a centros orientados ás persoas desde roteiros de posibles. Pretende guiar planificacións temporalizadas que non perdan de vista a necesaria globalidade das intervencións, abarcando os distintos niveis que un cambio deste calado precisa (actitudinais, relacionais, ambiente, prácticas profesionais e organizacionais) e evitar que estas queden en boas prácticas illadas ou en modificacións parciais de escasa duración e impacto
http://www.acpgerontologia.com/documentacion/docACPGERONTOLOGIA7.pdf