La política social como realización de derechos sociales

17. Decembro 2019 Alertas

O autor analiza a política social na dimensión máis propia que ha de ter no século XXI, como realización de dereitos sociais.


Alonso, J.M., La política social como realización de derechos sociales. Serie: Políticas de Bienestar Social n. 48, Valencia, Tirant Humanidades, 2019, 750 p.

Neste libro analízase a política social na dimensión máis propia que ha de ter no século XXI, como realización de dereitos sociais. A época do asistencialismo benefactor foi superada. A política social xa non pode consistir só en medidas de apoio ou de fomento levadas a cabo pola familia, as Administracións públicas ou as entidades privadas. Ao contrario, ha de situar á persoa como titular de dereitos humanos sociais que pode esixir dos poderes públicos e reclamar en vía xurisdicional. Despois de describir as notas que caracterizan á política social e aos dereitos sociais, estúdanse con amplitude os principios que os fundamentan, -a liberdade e a igualdade-, a súa natureza e garantías xurídicas. Analízase como se incorporaron ao ordenamento xurídico español, en calidade de dereitos subxectivos, os dereitos á educación, protección social da familia, da saúde, Seguridade Social, servizos sociais e asistencia social. De cada un deles examínase a súa natureza xurídica, titulares, contido prestacional e os retos que a súa aplicación presenta na actualidade. De especial importancia é a análise detida que se fai das prestacións de dereito subxectivo que conteñen as novas leis e carteiras autonómicas de servizos sociais. O libro elaborouse para alumnos que cursan estudos de grao, máster e doutoramento relacionados cos servizos sociais e outros ámbitos da política social, así como para docentes, profesionais e xestores das distintas ramas do benestar social.

Para a súa consulta pódese solicitar a Siis, Centro de Documentación e Estudos da Fundación Eguía Careaga: https://www.siis.net/es/documentacion/catalogo/Record/546101?utm_source=Boletines+de+actualidad+SIIS&utm_campaign=b252045392- boletin_siis&utm_medium=email&utm_term=0_17e0500026-b252045392-315103205