Estatística de familias numerosas, 2020

Xa se poden consultar os datos da Estatística de Familias Numerosas correspondentes a 2020 segundo o establecido no Programa estatística anual  do Instituto Galego de Estatística publicado no Decreto 227/2020, do 30 de decembro polo que se aproba o Programa estatístico anual da Comunidade Autónoma de Galicia para 2021 (DOG nº. 261, do 30.12.2020)


Galicia, Xunta. Consellería de Política Social, Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica. Estatística de familias numerosas, 2020. Santiago de Compostela ;  Consellería de Política Social, Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, 2021. 28 p. ISSN: 1139-4420

Esta operación estatística denominada 2012-01-OE05 Estatística de familias numerosas está integrada no Programa estatístico anual do Instituto Galego de Estatística publicado no Decreto 227/2020, do 30 de decembro polo que se aproba o Programa estatístico anual da Comunidade Autónoma de Galicia para 2021 (DOG nº. 261, do 30.12.2020)

Ten como obxectivo coñecer o número e as principais características — categorías, tipoloxía dos/as fillos/as, idade dos cónxuxes e fillos/as, situación laboral e estado das civil do titular– das familias numerosas.

Os datos extráense da información facilitada polas propias persoas interesadas sobre outorgamento ou renovación dos títulos de familia numerosa entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do ano 2020. Informa tamén sobre a normativa aplicable e os requisitos que se deberán cumprir para obter o recoñecemento da condición de familia numerosas.

https://libraria.xunta.gal/gl/estatistica-de-familias-numerosas-2020 

Para ver anos anteriores pinche neste enlace:

https://politicasocial.xunta.gal/es/recursos/publicaciones/estadistica-de-familias-numerosas