Estatísticas de Política Social. Censo de persoas con discapacidade

15. Marzo 2018 Estatísticas

En cumprimento do PEA (Programa estatístico anual) de 2018 (Decreto 131/2017 publicado no DOG núm. 246 do 29.12.2017) publicamos os datos da operación estatística 2507-01- OE05 Explotación do censo de persoas con discapacidade


O censo de persoas con discapacidade de Galicia refírese ao conxunto de persoas que teñen recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 33%. Serve de instrumento de planificación para elaborar as políticas de intervención na área da discapacidade. A través deste censo pode obterse a seguinte información: tipo de discapacidade, física, intelectual, mental, sensorial e/ou enfermidades raras; tipoloxías de diagnóstico por cada grupo de discapacidade (distribuídas en 21 diagnósticos); distribución territorial da poboación con discapacidade; a estrutura de idade desa poboación; a súa distribución por sexo ou por grao de discapacidade, etc.”

Datos do censo de 2017:

http://politicasocial.xunta.gal/opencms/Benestar/Biblioteca/Documentos/Publicacions/Datos_xerais_censo_pcd_2017.pdf

Para ver datos do censo de anos anteriores:

http://politicasocial.xunta.gal/web/portal/publicacions? content=/Benestar/Contidos/Estandar/estatisticas_censo_persoas_discapacitadas.html 

 

 

Etiquetas