Estatísticas de Política Social. Censo de Persoas con Discapacidade

24. Abril 2019 Estatísticas

En cumprimento do PEA (Programa estatístico anual) de 2019 (Decreto 165/2018, do 27 de decembro, publicado no DOG núm. 248 do 31.12.2018) publicamos os datos de 2018 da operación estatística 2507-01- OE05 Explotación do censo de persoas con discapacidade.


O censo de persoas con discapacidade de Galicia refírese ao conxunto de persoas que teñen recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 33%. Serve de instrumento de planificación para elaborar as políticas de intervención na área da discapacidade. A través deste censo pode obterse a seguinte información: tipo de discapacidade, física, intelectual, mental, sensorial e/ou enfermidades raras; tipoloxías de diagnóstico por cada grupo de discapacidade (distribuídas en 21 diagnósticos); distribución territorial da poboación con discapacidade; a estrutura de idade desa poboación; a súa distribución por sexo ou por grao de discapacidade, etc.”

Neste enlace tamén se poden consultar os datos de anos anteriores:

https://politicasocial.xunta.gal/gl/recursos/publicacions/explotacion-do-censo-de-persoas-con-discapacidade