Estatísticas de Política Social. Censo de persoas con discapacidade

26. Marzo 2021 Estatísticas

En cumprimento do PEA (Programa estatístico anual) de 2021 (Decreto 227/2020 publicado no DOG núm. 261 do 30.12.2020) publicamos a operación estatística 2507-01- OE05 Explotación do censo de persoas con discapacidade cos datos actualizados de 2020


O censo de persoas con discapacidade de Galicia refírese ao conxunto de persoas que teñen recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 33%. Serve de instrumento de planificación para elaborar as políticas de intervención na área da discapacidade.

A través deste censo pode obterse a seguinte información: tipo de discapacidade, física, intelectual, mental, sensorial e/ou enfermidades raras; tipoloxías de diagnóstico por cada grupo de discapacidade (distribuídas en 21 diagnósticos); distribución territorial da poboación con discapacidade; a estrutura de idade desa poboación; a súa distribución por sexo ou por grao de discapacidade, etc.

Neste enlace pode consultar os datos do ano 2020 e de anos anteriores:

https://politicasocial.xunta.gal/gl/recursos/publicacions/censo-de-persoas-con-discapacidade

Etiquetas