Estrategia de Atención a las Personas Mayores de la Comunidad de Madrid 2017-2021
Esta estratexia responde ao reto da Comunidade de Madrid para acadar a integración plena dos nosos maiores na vida comunitaria desa comunidade.
Consejería de Políticas Sociales y Familia, Estrategia de Atención a las Personas Mayores de la Comunidad de Madrid 2017-2021. Madrid, Comunidad de Madrid, 2017, 145 p.
A Estratexia de Atención ás Persoas Maiores da Comunidad de Madrid 2017- 2021 pretende dar solucións que axuden a mellorar as condicións de vida das persoas maiores da Comunidad de Madrid mediante actuacións que impulsen a participación activa deste colectivo na vida comunitaria e permitan a integración plena da atención á dependencia no seo do sistema público de servizos sociais, a través de políticas e medidas sociais máis activas e integrais.