Vis a Vis: Revista do Módulo 1 “Nelson Mandela”. Centro Penitenciario de Teixeiro | Núm. 8, 2017
O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar vén de editar o número 8 de Vis a Vis, a revista do Módulo 1 “Nelson Mandela” do Centro Penitenciario de Teixeiro
Vis a Vis: Revista do Módulo 1 “Nelson Mandela”. Centro Penitenciario de Teixeiro. | Núm. 8, 2017. Santiago de Compostela : Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, 35 p.
Vis a Vis é unha revista que forma parte do catálogo de actividades que se desenvolve no Módulo 1 “Nelson Mandela” do Centro Penitenciario de Teixeiro. Son os internos deste módulo os encargados de elaborar os seus artigos con contidos de interese. A súa finalidade responde á necesidade de comunicación existente entre eles, especialmente no que se refire a amosar a súa visión da prisión cara o exterior. Serve tamén como un punto de conexión entre a realidade da sociedade actual e a prisión, desvirtuada e condenada, ás veces, ao escurantismo.
A revista é, xa que logo, un medio de expresión libre que fomenta unha conciencia crítica de información sobre a actualidade, incentiva a creatividade e a iniciativa dos seus participantes, desenvolve a capacidade de traballar en equipo e, por riba de todo, potencia valores como a cooperación, colaboración, respecto, tolerancia e autonomía.
https://libraria.xunta.gal/sites/default/files/downloads/publicacion/vis_a_vis_n_8.pdf