Fichas Plan Proxecta: Educación sexual. Curso 2022-2023

Presentamos unha nova edición do Plan Proxecta para o curso 2022-2023 que asesora sobre sexualidade  á nosa xuventude.


Equipo dos Centros Quérote +. — Fichas Plan Proxecta. Educación sexual. Curso 2021-2022. Santiago de Compostela, Consellería de Política Social e Xuventude, DirecciónXeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, 2022. — 5ª ed. —  53 p.

Publicación estruturada a través da recompilación de fichas. Preséntase como un recurso de utilidade para o equipo docente encargado de poñer en marcha o Plan Proxecta, que ten como finalidade asesorar e facilitar a aprendizaxe da sexualidade por parte da nosa xuventude. Preténdese que aprendan a se coñecer, a se aceptar e a vivir a súa sexualidade dun xeito positivo e satisfactorio, e contribuír, deste xeito, ao seu pleno desenvolvemento persoal e social.

Fichas Plan Proxecta. Curso 2022-2023

Para consultar edicións anteriores

https://politicasocial.xunta.gal/gl/recursos/publicacions/fichas-plan-proxecta-educacion-sexual-curso-2022-2023